HomeComarca de SarriaSarriaSarria apúntase ao ‘Tapicheo’

Sarria apúntase ao ‘Tapicheo’

O tradicional concurso de tapas da vila celebrarase do 7 ao 11 de decembro e 20 son os establecementos hostaleiros participantes.

Publicado o

- Advertisement -

O ‘Tapicheo’ que promove o Concello de Sarria chega á súa XV edición e faino sumando tres establecementos máis que o pasado ano. En total serán estes vinte: Adarve, El Parisien, D’Orixen, La Taza Dorada, Don Pepe, Cafetería Central, 8 Mm, As The Picas, Cafetería Next, Cafetería Santiago, Mesón Roberto, Alfonso IX, Pizzería Salento 2, O Chanto, Barullo, Dp Cristal, Casino, D’Pont, Cubano e Cafetería-Terraza Roma.

Cada un dos locais participantes ofertará unha tapa, elaboración que non pode ser repetida doutros anos nin a habitual. Pode ser feita ao xeito tradicional ou ben aplicando a innovación e o prezo da mesma estará entre os 2 e os 3 euros. Contémplase tamén a opción de tapa infantil aínda que esta non entrará en concurso.

No que respecta ao horario establecido para a súa degustación a organización esixirá un horario mínimo entre as 20:00 e as 23:00 h.

Locais participantes e tapa que presentan

PARTICIPACIÓN DOS CLIENTES E SISTEMA DE VOTACIÓN

Os votos do xurado popular (a clientela) farán posible que ao final do concurso se obteñan os 6 petiscos finalistas, elaboracións que despois se someterán ao fallo dun xurado profesional. Cada local disporá dunha urna e tarxetas de votación para que cada cliente poda emitir o seu voto. A recollida das urnas para o reconto de votos farase ás 23:59 h. do día 12 de decembro.

A degustación de tapas polo xurado profesional realizarase nos días posteriores ao remate do certame, cando se saiban as 6 elaboracións finalistas.

Este xurado terá que fallar tres premios –trofeo acreditativo– que se entregarán aos gañadores durante a celebración da Cea de Hostalería da Comarca de Sarria.

A clientela que participe no certame ten que ser maior de idade e para poder votar as tapas terán que ter seladas as súas tarxetas como mínimo por tres establecementos de cada ruta ou cor (5), quince en total. Con esta premisa, a clientela poderá participar na votación escollendo cinco establecementos aos que valorará coa puntuación que se especifique nas tarxetas e tal como se explica nelas.

Os clientes que completen a tarxeta cos selos dos 20 establecementos entrarán no sorteo dunha viaxe financiada polos hostaleiros/as.

Cartel

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...