HomeComarca de SarriaSarriaBonificacións do IBI en Sarria

Bonificacións do IBI en Sarria

O concello informa á veciñanza a través dun bando que o vindeiro 9 de decembro comeza o prazo para solicitar bonificacións no IBI do 2023 para terreos e parcelas que estean dentro das delimitacións dos núcleos rurais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria puxo en coñecemento da veciñanza que o vindeiro día 9 de decembro comeza o prazo para solicitar a bonificación do 90% do IBI, para os terrenos e parcelas que estean dentro das delimitacións dos  Núcleos  Rurais,  de cara ao exercicio fiscal 2023.

Así mesmo, infórmase que este prazo de presentación das solicitudes rematará o 31 de decembro de 2022. Diante deste breve prazo que se establece, o concello recomenda que os interesados e as interesadas preparen toda a documentación requirida con antelación dabondo para evitar problemas de presentación.

O impreso de solicitude e outra documetación poderá obterse nas oficinas do concello mentres que o impreso pode descargarse tamén na sede electrónica.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...