HomesociedadeBenjamín Escontrela, edil de Sarria, acusado de contratar un detective privado para...

Benjamín Escontrela, edil de Sarria, acusado de contratar un detective privado para “espiar” ás traballadoras da residencia Nosa Señora do Carme

O sindicato CIG denunciou este venres as informacións de "extrema gravidade" trasladadas desde o Concello de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

O sindicato CIG denunciou este venres as informacións de “extrema gravidade” trasladadas desde o Concello de Sarria sobre a contratación por parte do edil Benjamín Escontrela dun detective privado para “espiar” ás traballadoras da residencia municipal de Nosa Señora do Carme que se atopaban en situación de baixa laboral.

“Entendemos que o cesamento de Benjamín Escontrela á fronte da residencia municipal da Nosa Señora do Carme chega tarde e, por desgraza, obedeceu a criterios de natureza política, posto que a súa xestión da residencia foi obxecto de continuas controversias durante a presente lexislatura“, cuestionaron desde CIG.

A CIG tamén tachou a xestión de Escontrela á fronte da residencia de “nefasta” e lembrou que, en materia laboral, durante o seu mandato, retirouse o complemento de incapacidade temporal ás traballadoras, unha decisión que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considerou ilegal, e mesmo vulnerou o dereito de conciliación.

Así mesmo, o sindicado, a través dun comunicado, fixo un chamamento ao goberno local de Sarria a “que actúe con todas as ferramentas” contra Escontrela pola súa “nefasta e caprichosa xestión da residencia”, ademais de pedir que se esclarezan con “pelos e sinais” os feitos acaecidos.

ÚLTIMAS

IGV denuncia gastos municipais innecesarios en propaganda da candidatura a Patrimonio Mundial

Segundo a formación política o proceso de candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra...

José Tomé: “Solicito voluntariamente a suspensión cautelar de militancia ata que se resolva este expediente”

O alcalde de Monforte, José Tomé, presentará a súa dimisión como presidente da Deputación...

José Tomé sobre as presuntas denuncias por acoso: “Todo é mentira e tomarei as medidas legais necesarias”

Na primeira comparecencia pública tras coñecerse as denuncias, o alcalde de Monforte, José Tomé,...

Este 10 de decembro preséntase “Baobab” de Moncho Iglesias, no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Baobad é un libro que fala dun paseo por África e onde o autor...