Homesociedade'O teu corazón pide Sarria', campaña do comercio asociado

‘O teu corazón pide Sarria’, campaña do comercio asociado

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolve dende o 1 de febreiro ata o día dos namorados esta campaña coa que se poden gañar ceas románticas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realicen algunha compra no período da promoción –ata 14 de febreiro– poderán gañar unha cea romántica para dúas persoas. Sortéanse catro ceas nos establecementos de hostalaría asociados: Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma.

O sorteo, no cal se farán públicos os nomes das persoas premiadas, será o venres 17 de febreiro ás 13:00 horas. 

“O teu corazón pide Sarria” é unha campaña coa que os organizadores esperan chegar aos corazóns dos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria para que continúen amosando o seu apoio aos negocios da vila realizando as tradicionais compras de San Valentín.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...