HomeCulturaCanarias máis preto de Paradela e Galicia

Canarias máis preto de Paradela e Galicia

A Casa de Galicia nas Palmas de Gran Canaria acolle a exposición “Manuel Rodríguez López”, unha mostra sobre a vida e obra do escritor de Paradela, considerado o mellor poeta obreiro do século XX.

Publicado o

- Advertisement -

Manuel Oreste Rodríguez López naceu en Paradela no 1934, sendo neno emigrou cos seus pais a Barcelona, onde viviu a maior parte da súa vida ata regresar a Galicia no 1987. Manuel Oreste tivo inquedanzas literarias en galego desde neno. En Cataluña estableceu contacto coa literatura galega a través dos libros galegos e por medio de correspondencia epistolar con destacadas personalidades da cultura galega como Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Puente, Darío Alvarez Blázquez, Xosé María Alvarez Blázquez, Ramón Piñeiro, Anxel Fole, Leandro Carré, Manuel María, Xesús Alonso Montero, etc.

O autor escribiu tres libros de poemas e recibiu numerosos premios literarios en certames provinciais. Varios dos seus poemas foron musicados e cantados por Suso Vaamonde, Xerardo Moscoso, Alfredo González Vilela y Mary Carmen Otero Rolle. Dentro da súa actividade poética cabe también destacar su faceta de tradutor, coa tradución ao galego de L’Atlántida de Verdaguer (publicada postumamente pola Xunta de Galicia no 1995).

Manuel Rodríguez López tamén escribiu prosa, principalmente libros de contos ambientados na súa Paradela natal (Reencontro coa aldea e Festas da Virxe das Dores de Paradela). Foi Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona, corresponsal en Barcelona dos diarios “Faro de Vigo” e “El Ideal Gallego”. Publicou grande cantidade de artigos en diversas revistas e xornais. O centro socio-cultural de Paradela leva o seu nome. E desde o 1995 celébrase o “Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López”.

A mostra que se pode ver en Las Palmas de Gran Canaria conta con 8 paneis con información sobre a vida e a obra do autor. A mostra de carácter itinerante xa pasou pola Casa de Galicia en Madrid, as universidades de Deusto e Extremadura e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e o pasado ano visitou Portugal.

ÚLTIMAS

O Quixós volve de Portugal con 7 medallas individuais e un 3º posto por equipos

A fin de semana do 8 e 9 de febreiro tivo lugar na freguesía...

Escola de Música Moderna de Monforte: un proxecto consolidado que non para de medrar

A Escola de Música Moderna conta xa con tres centros de formación: o de...

O BNG demanda no Parlamento recursos para o Hospital de Monforte

Esta semana unha nutrida representación do Grupo Parlamentar do BNG acodía á concentración organizada...