HomeDeportesXII Máster de Futbolín de Sarria do 31 de outubro ao 2...

XII Máster de Futbolín de Sarria do 31 de outubro ao 2 de novembro

A Asociación Sarria Futbolín, organizadora do evento, agarda superar a participación da última edición, na que reuniron 128 parellas, e seguir ampliando a repercusión deportiva e social do evento, que reparte 9.000 euros en premios entre as diferentes categorías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación apoian a 12ª edición do Máster de Futbolín de Sarria, que se celebra desde este 31 de outubro, ata o sábado 2 de novembro. Está prevista a chegada de participantes de diferentes lugares de Galicia e do resto de España.

A directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, destacou o traballo dos organizadores para ser capaces de atraer cada ano a Sarria a tantos afeccionados. Tamén puxo en valor o apoio do Goberno galego a todo tipo de iniciativas que dinamizan economicamente os concellos da provincia en calquera época do ano.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, valorou “o traballo da organización para consolidar un evento, que contribúe a dinamización económica da vila, coa participación de xogadoras e xogadores de distintos puntos de Galiza e do resto do Estado” e encadrou o apoio ao campionato “na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido deportivo e asociativo”

Máster futbolín Sarria / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...