IniciosociedadeO mítico ‘Lela” versionado como nunca antes se fixo

O mítico ‘Lela” versionado como nunca antes se fixo

O monfortino Gonzalo Herrero e Lorena do Val, veciña de Sarria, veñen de presentar o seu primeiro videoclip, “Lela”. É a primeira vez que esta canción galega se grava adaptada en formato baixo, contrabaixo e voz. Falamos con Gonzalo deste traballo.

Publicado o

- Advertisement -

Gonzalo Herrero é director e docente na Escola de Música Moderna de Monforte nas especialidades de baixo, contrabaixo, harmonía moderna e improvisación en jazz.  O seu currículo contempla dúas licenciaturas en ensinanzas de música contemporánea, nas especialidades de ensino e interpretación e dous postgraos en EE.UU., o Contemporary Musician Certification e o Jazz Studies Certificate.

O caso de Lorena do Val é menos previsible pois vén do mundo do teatro. Coñecida actriz de teatro en Madrid, e con experiencia profesional en importantes compañías, ten participado en obras con actores da talla de Pascual Duarte ou Miguel Hermoso. Hai catro anos decidiu cambiar de rumbo e, rexeitando ofertas que tiña enriba da mesa, volveu a Galicia para dedicarse á música aínda que sen esquecer a interpretación. De feito, actualmente combina a dirección teatral en Sarria coa actividade profesional de cantante e docente na Escola de Música Moderna de Monforte nas especialidades de canto moderno e de teatro musical.

Hoxe en día, Lorena é unha das cantantes máis versátiles de Galicia ao cantar en 6 idiomas podendo ir dende o jazz ao metal, pasando polo pop, rock, folk, blues ou soul. Así mesmo pode considerarse unha das maiores expertas en técnica vocal de Galicia con alumnos/as das catro provincias galegas.

Falamos con Gonzalo de como estes dous talentosos músicos do sur de Lugo tiveron esta idea, e qué foi o que lles levou a compoñer esta marabillosa versión de “Lela”, unha canción que naceu a partir dos versos que Castelao incorporou na peza teatral ‘Os vellos non deben namorarse’.

Tedes máis vida alén da escola de música, verdade?

Si, temos un proxecto musical en conxunto que é un servizo anexo da nosa empresa de formación musical. Ademais das clases de música facemos concertos e recitais, desde vodas a actuacións privadas principalmente por toda Galicia.

Como xurdiu a idea de facer a versión, con que intención?

A idea do videoclip xurdiu porque Lela, despois de varios concertos, converteuse nun dos temas polos que a xente se desprazaba a vernos , así que decidimos regalarllo. A nosa intención con el era ter unha mellor presenza en internet, deixar unha singular adaptación feita para o futuro e tamén como agasallo para os nosos seguidores e alumnos. 

Unha versión de Lela nunca escoitada antes, non?

É a primeira vez que se grava neste formato, supoño que debido á complexidade da adaptación con baixo, contrabaixo e voz.

Iván Patiño dirixindo a gravación. Foto: G.H.

Como foi o traballo creativo e de produción do videoclip?

O tema foi gravado no estudio de Alejandro González, do grupo Los Árboles, en Salcedo e a produción audiovisual correu a cargo da empresa monfortina Amanita Films que dirixe Iván Patiño. Na gravación incorporamos como escenarios unha cervexería de Monforte e exteriores en Bóveda como o antigo Hotel Arcadia.

Pensades presentar este traballo a algún concurso ou certame musical?

A verdade é que non temos tempo para presentalo a moitos concursos. Traballamos toda a semana na escola a os concertos son para nós unha actividade secundaria, centrada nos fins de semana do verán.

Gonzalo Herrero e Lorena do Val en concerto. Foto: G.H.

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...