HomesociedadeO Concello de Triacastela colabora co Programa FSE+ de Asistencia Material Básica

O Concello de Triacastela colabora co Programa FSE+ de Asistencia Material Básica

O Concello de Triacastela é unha das entidades colaboradoras do Programa FSE+ de Asistencia Material Básica. O programa está destinado a familias con menores a cargo que se atopen nunha situación económica vulnerable.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta iniciativa consiste na posta a disposición das persoas destinatarias de tarxetas canxeables por produtos de asistencia material básica, en concreto produtos de alimentación, así como artigos de hixiene. As tarxetas só se poden empregar nos establecementos colaboradores do programa.

O programa inclúe ademais unha serie de medidas de acompañamento que recibirán as persoas beneficiarias en función das súas necesidades, tales como información sobre recursos sociais dispoñibles, prestación directa de servizos ou programas e actividades dirixidas á inserción sociolaboral.

As solicitudes de acceso ao programa serán tramitadas pola traballadora social do Concello de Triacastela. O período de acceso está aberto ata o 31 de decembro. Máis información no Concello de Triacastela ou neste enlace.

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...