InicioCulturaA Deputación de Lugo pon en valor a artesanía

A Deputación de Lugo pon en valor a artesanía

Cun investimento duns 36.000 euros realizaranse este ano 33 cursos e 6 eventos para promover o sector artesanal da provincia.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno da Deputación, que sacou días atrás a convocatoria pública de axudas para a promoción da artesanía, pretende poñer en valor o sector e ao mesmo tempo dinamizar cultural e ludicamente os concellos.

25 municipios e 39 as asociacións da provincia serán beneficiadas con achegas económicas para promover demostracións en eventos e obradoiros para adquirir coñecementos sobre diferentes disciplinas artesanais. Esta iniciativa conta cun investimento de preto de 36.000 euros.

As axudas, para as asociacións que as soliciten, oscilan entre os 500 e os 1.000 euros, e os cursos acreedores das mesmas no sur de Lugo son os seguintes:

Obradoiro de construción dunha pandeira no Concello do Incio. Actividade promovida pola ANPA Ricardo Gasset.

Curso de cestería no Concello de Taboada promovido pola Asociación Cultural Santa Mariña de Cerdeda.

Curso de cestería en Sober a través da AMMRR de Berea.

Confección de mandil traxe tradicional no Concello de Monforte a cargo da A.C. Amigos da Pandeireta.

E no que respecta á organización de eventos de promoción da artesanía, no sur de Lugo beneficiaranse as seguintes asociación:

A.C. Amigos do Folión de Chantada co seu obradoiro e posta en valor da tradición dos carros.

A.C. Profesionais, Comerciantes e Artesáns de Samos coa Feira de produtos artesanais.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...