HomeCulturaRecital de Amancio Prada no ‘Escorial galego’

Recital de Amancio Prada no ‘Escorial galego’

O cantautor berciano pechará os actos de celebración do XX aniversario da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra en Monforte que se concentran neste sábado 27 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

Amancio Prada actuará na Igrexa da Nosa Señora da Antigua no Colexio dos Padres Escolapios este sábado ás 21:00 h. O cantautor amosa a súa satisfacción nas redes sociais explicando que o escenario é impresionante e que este edificio, entre moitas obras de arte, conta con dous Grecos, un San Francisco e un San Lorenzo. Explica ademais que, tras ter a oportunidade de falar días atrás co director do Museo do Greco en Madrid, este díxolle que só por ter estas dúas xoias artísticas xa paga a pena visítalo.

Baixo o título “Cantigas no Camiño de Inverno” Prada cantará varias cantigas dos primeiros trovadores galego-portugueses, do disco Leila Doura, e dúas cantigas de composición recentes, inéditas: “Quand eu vejo las ondas”, de Roi Fernández e “Fui eu, madre, en romaría”, de Xoán de Requeixo. Ao Sil, ese río que atravesa a Ribeira Sacra e que tantas lembranzas lle trae ao autor, dedicaralle tres cancións: “Memorias de la infancia”, do poeta Enrique Gil y Carrasco, “Nocturno do adolescente morto”, un dos 6 poemas galegos de Federico García Lorca, e “O río levaba os ollos” de Álvaro Cunqueiro. No repertorio, segundo avanza no seu perfil da rede social Facebook, incluirá tamén algunhas coplas de tradición oral e cantares de Rosalía de Castro.

As entradas venderanse na porta da Igrexa dende ás 20.00 h. e o prezo é de 5 euros.

outras actividades da xornada

Antes do esperado recital de Amancio Prada, a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra ten programadas varias actividades para este 27 de abril, día central da celebración dos 20 anos de vida da entidade.

Ás 18:00 h. descubrirase unha placa conmemorativa e ás 18:30 h. visitarase a exposición de cartelería que hai no Centro do Viño, con máis de 40 carteis que serven para ter unha cronoloxía da historia do Camiño e da asociación. Nese mesmo lugar, ás 19:00 h., presentarase a reedición da Guía do Camiño de Inverno a Santiago, un traballo moi completo e rigoroso que asina Aida Menéndez Lorenzo. A continuación, pasarase un vídeo no que se fai un repaso dos 20 anos da asociación.

Guía do Camiño de Inverno a Santiago

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...