HomeCultura‘II Escaleira Literaria’, unha homenaxe a Antonio Fraguas en Sober

‘II Escaleira Literaria’, unha homenaxe a Antonio Fraguas en Sober

A activista soberina Moncha Prieto promove por segundo ano consecutivo este interesante acto cultural que servirá de homenaxe a Antonio Fraguas, persoeiro ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober colabora coa organización da II Escaleira Literaria de Sober, que se vai desenvolver o sábado día 11 de maio ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural. Trátase dun evento poético e musical promovido por Moncha Prieto para conmemorar as Letras Galegas deste ano, dedicadas a Antonio Fraguas.

Escolma de colaboracións

O acto, que servirá como unha homenaxe ao historiador e xeógrafo natural de Cotobade, comezará coa presentación de Moncha Prieto e acto seguido intervirá Xosé Manuel Fernández que nos achegará unha breve reseña da súa vida e obra. Un fondo musical, obra de Samuel Soto e dedicado a Fraguas, acompañará este momento.

A continuación, o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme lerá os traballos realizados sobre o medio ambiente, mentres que Sara González e Neus Canadell representarán a lenda ‘A lavandeira da noite’.

Tamén haberá un recital no que darán conta das súas creacións literarias para a ocasión: Luis Fernández Guitián, Ramón Sandoval, Mercedes Marcos, Alfonso Campos, Paco Ledo, Rosa García e Moncha Prieto. O acompañamento musical correrá a cargo do grupo local O Trícole.

Súmase a este acto a Escola Municipal de Teatro de Sober coa posta en escena da obra de Manuel Lourenzo ‘Margot na residencia’, dirixida por Eva F. Ferreira. As actrices serán Ana Somoza e María Trigo.

De seguido haberá unha actuación do grupo musical O Trícole e pecharán o acto Moncha Prieto e o alcalde de Sober.

moncha prieto

Moncha Prieto nace nunha aldea de Sober, Gundivós, a terra dos cacharreiros. Nese lugar pasa a nenez e adolescencia e por motivos familiares chega a Barcelona. Alí déixase seducir polo mundo da radio. Na emisora municipal de Santa Coloma de Gramenet pon en antena o programa Galicia máis cerca na súa lingua materna, un espazo radiofónico que tentaba achegar aos galegos de Barcelona anacos da súa cultura: Música, noticias, entrevistas, literatura…

Propiciou o nacemento de  ERGAC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya) e ostentou o cargo de presidenta desta asociación que aglutinaba varios programas radiofónicos en galego na cidade condal e arredores. Foi correspondente de Radio Progreso de Miami na sección de noticias e colaborou na Radio Galega e emisoras de radio en Barcelona.

As inquedanzas literarias lévana a deixar as súas pegadas en diferentes revistas e libros colectivos acadando tamén varios premios de narrativa e poesía.

Na década dos noventa regresa á terra e durante algún tempo colabora en Onda Lemos dixital. En 2018 organiza a I Escaleira Literaria de Sober.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...