HomeCulturaActividades do Fiz Vergara en Sarria e dos franceses en Monforte

Actividades do Fiz Vergara en Sarria e dos franceses en Monforte

A asociación Ergueitas de Sarria homanaxea a Fiz Vergara Vilariño o día 15 de xuño e este venres 31, o Concello de Monforte segue coas actividades de conmemoración dos sitios de Monforte polas tropas napoleónicas no seu 210 aniversario.

Publicado o

- Advertisement -
O vindeiro venres 31 de maio terá lugar en Monforte a segunda das actividades que se engloban baixo o título “1809: Os Franceses en Monforte”, ciclo que ten por obxectivo conmemorar os sitios de Monforte polas tropas napoleónicas no seu 210 aniversario. Este ciclo organízao a concellería de Cultura en colaboración coa asociación de Amigos Patrimonio de Lemos.

Margarita Rodríguez Otero, a Cronista Oficial da cidade, dará a conferencia, “Os franceses en Monforte: Historia de tres invasións”, será o día 31 a  partires das 20.15 no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra. O 7 de xuño, José Fernando Navas Ramírez-Cruzado, dará a conferencia “Guerra de la Independencia en Galicia. El Batallón de Monforte y la heroica gente de Lemos”.

“1809: Os Franceses en Monforte”, recolle tamén a celebración de 9 ciclos de charlas nos centros educativos monfortinos, que corren a cargo do investigador local, Felipe Aira e que teñen por obxectivo achegar aos escolares este período.

Roteiro Fiz Vergara Vilariño

A asociación Ergueitas de Sarria celebra o 15 de xuño o Roteiro pola Lóuzara Xabreira de Fiz Vergara Vilariño. Na xornada de lembranza do Fiz mesturaranse poesía, música, arte, natureza, etnografía, gastronomía e festa. Para participar hai que incribirse a través do correo ergueitos@gmail.com  ou no teléfono 677429225.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...