HomeCulturaA arte volve ao Pazo de Sabadelle coa mostra "Cobertores de emocións"

A arte volve ao Pazo de Sabadelle coa mostra “Cobertores de emocións”

Na inauguración da exposición terá lugar un encontro cultural entre artistas multidisciplinares.

Publicado o

- Advertisement -

O chantadino Pazo de Sabadelle inaugura o próximo sábado día 8 ás 20:30 a mostra artística “Cobertores de emocións, pan e chocolate”. Esta exposición contén unha serie de obras plásticas creadas por Beatriz Palomero, Miguel Anxo Macía e Xosé Manuel Rodríguez “Moxom”. Aqueles que estean interesados en visitar estas creacións poderán facelo ata o día 31 de outubro, xa que permanecerán expostas nas diferentes estancias do pazo.

O acto da inauguración reunirá non só aos artistas que expoñen as súas pezas, senón tamén a creadores doutros ámbitos e disciplinas. Os poetas Mónica Sánchez, Quco Valeiras e Eva Xanin levarán a cabo un recital e Mad Mission, Daniel do Pando e Searas poñerán a nota musical nun evento único no sur de Lugo.

O cartaz da exposición foi deseñado polos alumnos de plástica do instituto chantadino IES Val do Asma. Baixo a coordinación da profesora Lola López realizaron unha creación conxunta para anunciar esta mostra.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...