HomeCulturaUnha mostra fotográfica en Sober tentará concienciar sobre a violencia de xénero

Unha mostra fotográfica en Sober tentará concienciar sobre a violencia de xénero

Iván Merayo e Eva F. Ferreira son os autores desta exposición, que se poderá visitar na Casa da Cultura de Sober ata o 25 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

A partir do día 11 de xuño a Casa da Cultura de Sober acollerá a mostra fotográfica Je Ne Baise Plus. Trátase dunha colección de nove fotografías de Iván Merayo acompañadas con textos de Eva F. Ferreira. O obxectivo da exposición é concienciar sobre a problemática da violencia de xénero, mostrando a desigualdade e os estereotipos de xénero para xerar un cambio de pensamento.

Os autores resaltan que as imaxes presentes nesta serie non presentan directamente escenas de maltrato, senón que aluden esta lacra de forma simbólica. Tamén habilitarán un espazo denominado Baúl dos Pensamentos, onde calquera persoa poderá deixar as súas opinións e experiencias de forma anónima.

A inauguración oficial da mostra será o día 11 de xuño ás 20:30, e permanecerá aberta ata o 25 de xuño. Aqueles que o desexen poderán visitala dende as 9:00 ás 14:00 e de 16:00 a 20:00 de luns a venres; e os sábados de 11:00 a 13:00. Esta actividade forma parte dun ciclo para concienciar contra a violencia de xénero programado polo Concello de Sober en colaboración coa asociación FEMforte.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...