HomeCulturaO Saviñao prepara as súas actividades de verán

O Saviñao prepara as súas actividades de verán

A oferta inclúe actividades culturais e deportivas para toda a familia.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Saviñao deu a coñecer o seu programa cultural e deportivo para este verán. A oferta inclúe actividades para toda a familia e os interesados poderán inscribirse no Concello ata o día 26 de xuño.

Os lugares nos que se desenvolverán serán, entre outros, o Pavillón Municipal, a Praia da Cova, a Ludoteca e o Centro Sociocultural de Currelos. Os cativos poderán asistir a clases de baloncesto, fútbol, pádel, natación, kárate, pintura e patinaxe; cun prezo máximo de 15 euros ao mes, segundo a especialidade elexida. Doutra banda, os adultos terán a oportunidade de practicar pádel, ioga, natación, ximnasia e mantemento e pintura, algúns de xeito gratuíto.

Ademais, haberá sesións de contacontos na Biblioteca Municipal con entrada gratuíta os días 5 de xullo, 2 de agosto e 6 de setembro; e unha carreira popular o 3 de agosto. Outras actividades, coma o buceo ou o piragüismo, aínda teñen as súas datas por fixar.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...