HomeCulturaO festival Castañazo Rock anuncia as súas primeiras bandas confirmadas

O festival Castañazo Rock anuncia as súas primeiras bandas confirmadas

Nao, Auxili, Balkan Bomba e Koma estarán presentes neste festival celebrado en novembro.

Publicado o

- Advertisement -

O festival Castañazo Rock, que se celebrará no Mercado Gandeiro de Chantada os días 1 e 2 de novembro, acaba de anunciar as catro primeiras bandas que actuarán neste evento. Serán Nao, Auxili, Balkan Bomba e Koma algúns dos encargados de poñer a música nunha cita que atrae a cada vez máis visitantes á vila chantadina.

Dende o reggae e o ska de Auxili á explosión de sons de Balkan Bomba, esta nova edición do Castañazo promete ser moi atractiva. Os asistentes poderán desfrutar do regreso de Koma, unha das bandas de metal máis influíntes do metal estatal, e tamén poderán vivir o último festival do mítico grupo Nao, que se despide dos escenarios despois dunha década como referentes da música galega.

Este anuncio fíxose á vez que se subiu o prezo dos abonos, que custan un total de 26 euros máis gastos de xestión. As primeiras 300 entradas que saíron á venda, cun prezo especial, esgotáronse en menos dunha hora, polo que quedou patente que o festival conta cunha potente base de fans incondicionais. Os abonos están á venda a través da web do festival.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...