HomeCultura16 bandas competirán na Batalla de Grupos do Trece Roeis Fest

16 bandas competirán na Batalla de Grupos do Trece Roeis Fest

A final do concurso terá lugar o 13 de xullo e haberá máis de 8 horas de música en directo.

Publicado o

- Advertisement -

O próximo 13 de xullo celebrarase no Espazo Ribeira Sacra de Ferreira de Pantón a Batalla de Grupos que inaugura a programación da primeira edición do Trece Roeis Fest. Trátase do primeiro evento deste tipo que se celebra en Pantón dende a despedida do Festival do Castro no ano 2017.

A organización do festival sinalou que “a inscrición foi un éxito rotundo” e anunciou que foron un total de 16 as bandas seleccionadas para participar na Batalla de Grupos, cunha ampla variedade de xéneros (cumbia, metalcore, folk, rock, etc.) pero cun denominador común: todos fan música en galego. Os conxuntos que competirán o próximo mes son Searas, Folkongrelos, Los Jinetes del Trópico, Enxeito, Malasömbra, Rebezo, Cabodano Metalcore, Flúe, Mileth, Flow do Toxo, Bakarrá, Fabio Bum Rap, Fóra Ostias, Impulsos Criminais, Aamigafea e Maina Materia.

Os encargados de xuzgar as súas actuacións serán Patricia Hermida (mánager de grupos como Herdeiros da Crus), Charli Domínguez (baixista e fundador do grupo Los Suaves), Rendi Nue (artista musical contemporánea) e Emilio Rúa (cantautor). O gañador poderá gravar un disco e un videoclip para o seu tema principal, e terán a oportunidade de tocar no escenario do Trece Roeis Fest o 17 de agosto.

A Batalla comezará ás doce do mediodía e prevese que remate de madrugada. Quen desexe ser testemuña deste espectáculo poderá acudir de balde e disporá dun espazo de acampada tamén gratuíto.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...