HomeCulturaA exposición fotográfica "Viña Sacra" pecha a súa xira en Monforte

A exposición fotográfica “Viña Sacra” pecha a súa xira en Monforte

A mostra vén de percorrer varios concellos da Ribeira Sacra: Chantada, Sober, Carballedo e Taboada.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres día 21 será inaugurada no Centro do Viño de Monforte a exposición “Viña Sacra”, organizada pola Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada. Trátase da última parada desta mostra, que recolle as 23 fotografías do II Concurso Christina Snellman de fotografía.

O obxectivo común destas instantáneas é capturar a viticultura e a elaboración do viño dende unha perspectiva cultural, paisaxística e etnográfica. Divídense en dúas categorías, unha xeral e outra escolar, e no concurso foron valoradas por un xurado integrado por tres chantadinos: o fotoxornalista Roi Fernández, o viticultor Primitivo Lareu e a mestra Sandra Sánchez.

Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido na Feira do Viño de Chantada, estivo na Feira do Viño de Amandi (Sober), en Carballedo e vén de rematar a súa estancia en Taboada. Dado que se poderá visitar ata o 14 de xullo, coincidirá en datas co Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebra a principios de xullo. A presidenta da Asociación Amigos de Manuel Jorge, Mercedes Vázquez, sinalou que “comezar en Chantada e rematar en Monforte reforza a idea de que na Ribeira Sacra compartimos algo máis que un nome ou unha paisaxe, traballamos e creamos xuntos”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...