InicioCulturaAberta a inscrición para as actividades infantís de verán no Pazo de...

Aberta a inscrición para as actividades infantís de verán no Pazo de Tor

Ata 12 rapaces poderán desfrutar dun campamento neste enclave, que forma parte da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo anunciou as actividades e campamentos da súa Rede Museística para este verán. Están dirixidos a rapaces de entre 4 e 12 anos e son totalmente gratuitos. No sur da provincia, o Museo Pazo de Tor, en Monforte, será a sé desta iniciativa.

Haberá un campamento con 12 prazas que se desenvolverá en dúas quendas, unha do 9 ao 12 de xullo e outra do 27 ao 30 de agosto. A actividade “Todos os camiños levan a Tor”, dirixida aos membros do Club Ei! e a mozos interesados na historia, permitirá coñecer os fondos do Pazo de Tor e saber máis sobre a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Pero non todas as actividades están dirixidas exclusivamente á mocidade. O día 13 de agosto desenvolverase o obradoiro “Álbum de Memoria”, no que os maiores traballarán as súas lembranzas a partir dunha selección de obxectos do museo. Ademais, o 7 de agosto terá lugar “Escénicas en Rede”, en colaboración con diversos colectivos. Grazas a esta proposta, persoas con discapacidade poderán entrar en contacto coa interpretación e o teatro.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...