HomeCulturaGaliza Nova presenta o seu programa de actividades para a Semana da...

Galiza Nova presenta o seu programa de actividades para a Semana da Patria

Publicado o

- Advertisement -

Este luns día 15, a organización xuvenil Galiza Nova Lugo-Sul deu a coñecer as actividades que desenvolverá na terceira edición da Semana da Patria. O seu obxectivo é o de animar a mocidade a que participe na celebración do 25 de xullo.

O Círculo Recreativo e Cultural de Chantada acollerá a primeira actividade o xoves día 18 ás 20:30. Trátase dun coloquio titulado “A produción cultural en galego” e nel intervirán David Vázquez “Pinancho”, realizador de curtametraxes como “Narote” e “Asolagados”, e Xabi Castro, vocalista da banda Raiba. Ambos farán unha reflexión sobre a realidade dos creadores galegos en relación co uso da lingua. O toque musical virá o venres 19, cun Concerto pola Patria ás 22:00 na chantadina Praza do Cantón. O grupo de rap TIAM GZ, que vén de participar na Batalla de Grupos do Trece Roeis Fest, subirá ao escenario para erguer aos presentes coas súas letras incendiarias.

Con todo, o prato forte da Semana da Patria virá o martes 23, xa que se levará a cabo o despregamento dunha gran bandeira da Patria dende a Ponte Vella de Monforte.

Cartaz da III Semana da Patria de Galiza Nova Lugo-Sul / Galiza Nova

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...