HomeCulturaA XXVIII Edición da Mostra do Mel de Quiroga xa ten data

A XXVIII Edición da Mostra do Mel de Quiroga xa ten data

Tanto pequenos como maiores poderán desfrutar dun completo programa de actividades culturais no concello de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Quiroga acaba de anunciar o seu programa cultural para o verán, que recolle unha ampla variedade de obradoiros e eventos lúdicos, formativos e deportivos. Recóllense actividades tanto para maiores como para rapaces. A máis esperada é a XXVIII Edición da Mostra do Mel de Quiroga, que terá lugar o día 10 de agosto. Na rúa Real esetablecerase un recinto feiral ad hoc para poder degustar este produto. Esta feira está enmarcada dentro das Festas Patronais da Vila, que transcorren entre os días 8 e 11.

Con todo, as actividades máis próximas son as que están dirixidas a cativos. O mércores 24 de xuño ás 12:00, o contacontos MeRe Clown interpretará “A verdadeira historia de Hamelín” no Salón de Actos da Casa da Cultura, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia. A este acto asistirán os rapaces que están a asistir aos campamentos de verán do Concello, que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto.

O xoves 25 de xullo, Día de Galicia, os colectivos culturais quiroguenses serán recibidos no Concello e, posteriormente, poderán desfrutar da actuación do grupo de gaitas “Os do Recanto”. Para finalizar o mes, o día 30 os xubilados de Quiroga terán a oportunidade de participar nunha viaxe á costa coruñesa. Para facelo terán que anotarse no Centro Social.

Con todo, son moitas as actividades que forman parte da programación cultural de Quiroga. Pódese consultar o listado completo no seguinte enlace.

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...