HomesociedadeMago Teto na Pobra e Mago Deimi en Ribas de Sil

Mago Teto na Pobra e Mago Deimi en Ribas de Sil

Os amantes da maxia están de sorte porque esta fin de semana poderán asistir aos espectáculos destes magos galegos, recoñecibles por combinar moi ben a maxia con grandes doses de retranca.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón, dentro do seu programa de dinamización cultural e de ocio que ten este verán, convídanos este 27 de xullo a vivir unha sesión de maxia a cargo do gran Mago Teto.

Baixo o suxestivo título de “500 anos da incrible historia da maxia”, o seu espectáculo centrarase en fantásticas e incribles historias que irán acompañadas de xogos e como sempre tamén moito humor e interacción co público. A actuación será ás 20:00 h. na Casa da Cultura Olga Novo e está enmarcada no Ciclo Ler Conta Moito que impulsa a Xunta de Galicia para incentivar a lectura.

Mago Deimi . Foto: Damián

E seguindo coa ‘oferta máxica’ para esta fin de semana, mañá domingo 28 de xullo o Mago Deimi, ilusionista orixinario das Terras do Ribeiro, desembarcará no Concello de Ribas de Sil co seu espectáculo “Apren-Deimi” distribuído por Hermanager Producións.

A proposta dobre de Deimi consistirá en ofrecer pola mañá, entre as 12:00 e as 13:00 h., un obradoiro de iniciación á maxia para os pequenos e pola tarde, ás 20:00 h., unha actuación no escenario do anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio.

Na sesión da mañá falarase do oficio de mago, do arte da maxia e ensinarase a técnica a través dalgúns números sinxelos. Este obradoiro desenvolverase na Aula de Pesca de San Clodio, na contorna da Praia Fluvial desta localidade.

A actuación da tarde, para todos os públicos, incluirá diversos de xogos de maxia: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, aparicións, maxia con lume, desaparicións, transformacións… Todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e participación activa do público.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...