HomeCulturaConcertos en Sober e Pantón

Concertos en Sober e Pantón

Estes dous concellos da Ribeira Sacra apúntanse á música como oferta de lecer para o vindeiro 3 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober ofrece un concerto solidario na Praza do Concello o vindeiro sábado ás doce do mediodía. No mesmo participarán todos os músicos e directores vivos que teñen pasado pola Banda de Música de Sober.

A actuación, que forma parte dos actos de conmemoración dos 150 anos da Banda de Música local, ten tamén un fin solidario. Pídeselles aos asistentes, músicos e público, que acheguen un quilo de alimentos non perecedoiros para logo entregar a aquelas familias do concello que máis o necesiten.

Por outra banda, o mesmo 3 de agosto, o Concello de Pantón convida a un concerto de jazz exclusivo na Igrexa de Santo Estevo de Atán ás 19:00 h. A formación protagonista é Daniel Casares Quartet e a actuación, para todos os públicos, está enmarcada nos actos programados dentro das XXXII Xornadas das Rota do Románico. A entrada é de balde e o aforo limitado.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...