HomeCultura"El viajero emocional" de Carlos Villarrubia chega a Monforte

“El viajero emocional” de Carlos Villarrubia chega a Monforte

O autor é escritor, compositor, guionista e xornalista. Naceu en Barcelona pero a súa nai é natural da aldea de Piño, no Concello da Pobra do Brollón. A presentación da obra será o 9 de agosto na Librería Agrasar.

Publicado o

- Advertisement -

A Librería Agrasar, en Monforte, acollerá o vindeiro 9 de agosto ás 20:30 h. a presentación do libro El viajero emocional, de Carlos Villarrubia. Neste acto acompañarano a bailarina e coreógrafa Andrea Jiménez e a fotógrafa e divulgadora do rural, Rocío Peruchela.

O autor, Carlos Villarrubia, é escritor, compositor, guionista e xornalista. Aínda que naceu en Barcelona, a súa nai é natural da aldea de Piño, próxima a Monforte. Como letrista, ten composto letras para músicos como Lucrecia, Cómplices, Miguel Ríos ou Martirio, e os seus textos teñen sido interpretados por Lucía Bosé, Paco Valladares ou Silvia Marzo.

En El viajero emocional trata a enerxía afectiva e compila diversos textos para radio e televisión, poemas e cancións, entre outros. Nesta obra adquire moita importancia Galicia e, en particular, a Ribeira Sacra, que está moi presente en todo o libro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...