HomeCulturaO Concello de Monforte presenta o programa definitivo das súas Festas Patronais

O Concello de Monforte presenta o programa definitivo das súas Festas Patronais

Chenoa, Carlos Baute e Blas Cantó son algúns dos artistas que actuarán na Compañía.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentaron xa o programa definitivo das Festas Patronais do municipio. Terán lugar entre os días 11 e 16 de agosto e inclúen actuacións musicais dunha gran variedade de estilos.

Tomé afirmou que para o Goberno Local “o obxectivo de ofrecer unha ampla diversidade de actividades para dar satisfacción a todo tipo de públicos”. O Alcalde insistiu en que, ademais de grandes concertos, nas Festas Patronais monfortinas tamén terán unha ampla presenza os artistas da vila. Durante as celebracións, na Praza de España actuarán os Xograres de Lemos, a Banda Municipal, a Coral municipal, o Grupo de Danza e de Gaitas Municipais e outros grupos monfortinos.

En canto ás actuacións da Compañía, o luns día 12 será posible desfrutar da presenza do grupo madrileño DVICIO e a Orquestra Marbella, O martes día 13 será a quenda do venezolano Carlos Baute e a Orquestra Finisterre, o mércores 14 amenizarán a verbena a Chenoa e a Orquestra Principal, o xoves día 15 actuarán o cantante Blas Cantó e a Orquestra La Oca e pecharán as festas o venres 16 a Orquestra Panorama e o Grupo Sr. Aliaga.

O mandatario local lembrou tamén o compromiso do Goberno de organizar unhas festas á altura do que merece unha cidade como Monforte e “acordes co que necesita o noso tecido produtivo como é o comercio, a hostalería e todo o relacionado co mundo do turismo, porque as Festas Patronais son un revulsivo económico que permite que moitas pequenas empresas garantan a súa pervivencia pola actividade económica que desenvolven durante o verán”.

Marina Doutón e José Tomé en rolda de prensa. Foto: Prensa concello

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...