HomeCulturaConcerto de Xosé Constenla na Pobra do Brollón

Concerto de Xosé Constenla na Pobra do Brollón

A actuación deste coñecido cantautor galego será a terceira do ciclo “Cos pés na terraza” que organiza o concello este verán para dinamizar a hostalería local.

Publicado o

- Advertisement -

O músico compostelán Xosé Constenla ofrecerá este mércores 14 de agosto ás 21:00 h. un concerto na terraza do Bar Avenida, no núcleo urbano da Pobra do Brollón. A actuación enmárcase dentro das propostas musicais que ten programadas o concello para este mes.

Constenla ten publicados xa varios traballos: “Quen fixo berrar ao silencio” (2005), “Olladas dun entusiasta” (2008), “Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo” (2013) e “Virada por avante” (2015).

A súa música caracterízase por tocar temas sociais e afondar nos estados de ánimo, as emocións, impresións persoais e intrahistorias cotiás. Ten participado en ciclos e certames de canción autor, e recibiu diversos premios pola súa produción discográfica.

O ciclo “Cos pés na terra” terá continuidade o vindeiro mércores 21 de agosto con Pardo, no Restaurante Primeiro de Maio da capitalidade Guímara.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...