HomeCulturaActividades culturais e de lecer no Incio

Actividades culturais e de lecer no Incio

O concello desenvolve este mes de agosto unha ampla oferta de actividades para todos os públicos. A vindeira está programada para hoxe, 22 de agosto, co espectáculo de tradición oral para público xuvenil e adulto "Tabú" a cargo da narradora lucense Carmen Conde.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Incio, para darlle continuidade neste mes á exitosa ‘Festa infantil da escuma’ do pasado 14 de agosto, programou na tarde de onte un espectáculo de maxia e humor a cargo do sarrián Roberto Lolo. O show, para público familiar, congregou a moita xente no exterior do Concello, lugar habitual de celebración das actividades de rúa.

Estas actividades forman parte da programación de actos que o Goberno local está a levar a cabo no verán tendo mañá xoves 22 de agosto outra interesante proposta cultural e de lecer. Neste caso chegará á localidade o novo espectáculo de Carmen Conde “Tabú”, pensado para o público xuvenil e adulto.

“Tabú” é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversacións recollidas a mulleres de entre 70 e 95 anos en Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual na mocidadede. Un show de narración oral cun obxectivo, transmitir as historias de confusión, secretismo, amor, picaresca e sexualidade -a máis cruel e a máis desexada- das mulleres que son o cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ao clareo todas as intimidades…

Imaxe do espectáculo ‘Tabú’. Foto: Cris Andina Fotografía

A actuación será no salón de actos da Residencia de Maiores O Incio a partir das 18:00 h. Contará con música en vivo de Nastasia Zürcher.

Dende o concello adiantan tamén que o un de setembro celebrarase a XI Feira de Artesanía e Etnografía na Cruz do Incio.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...