HomeCulturaMonforte celebra a súa Feira do Libro do 28 ao 31 de...

Monforte celebra a súa Feira do Libro do 28 ao 31 de agosto

A XXII Feira do Libro de Monforte abrirá o vindeiro 28 de agosto pola tarde, co pregón de Olga Novo, e poderá visitarse ata o sábado 31 en horario de 11 a 14 horas e de 19 a 22 horas. Serán catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros, actividades infantís e sinaturas das obras por parte dos seus autores.

Publicado o

- Advertisement -

Esta edición da feira inaugúrase o mércores 28 ás 19 horas co pregón a cargo da poetisa da Pobra do Brollón, Olga Novo, e a actuación da Banda de Gaitas de Monforte. Ese mesmo día vaise presentar Feliz Idade, da propia Olga Novo, por Faktoria K de libros.

O xoves 29 ás 19 horas, haberá tres presentacións destacadas: ás 19 horas, Estrelas de Manteiga de Isabel Porto Collazo, por Sar Alejandría; ás 20 horas terá lugar a presentación da Guía del Camino de Invierno a Santiago, de Aida Menéndez; é ás 21 horas, Relatos de 70 mm, cos autores Margarita Rodríguez Otero, Fernándo Hernández e Sandra R. Fernández, así coma o prologuista e editor da editorial El Sendero, José Luis Ordoñez.

O venres 30 terá lugar ás 19 horas un concerto-presentación para os máis pequenos da casa A nena e o grilo, máis aló, con Magín Blanco(Galaxia). Ás 20 h, a presentación de Contodamina, de Rafa Lobelle(Chan de Pólvora). E ás 21 h, O lugar que non hai, de Estevo Creus(Chan de Pólvora).

A feira rematará o sábado 31. Ese día tamén terán lugar varias presentacións: ás 12 horas, Bailando sobre el parqué de Óscar Quant (editorial Milenio); ás 13 horas, Actrices secundarias de Clara do Roxo (editorial Elvira); ás 19 horas, concerto-presentación de Cantamos de Luís Vallecillo (Guindastre Edicións); e ás 20 horas, presentación de Soños de chicolate de Antón Valcarce(Agrasar Editores).

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...