InicioCulturaO Paradiso non Naufraga, continúa e con novidades

O Paradiso non Naufraga, continúa e con novidades

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado, 7 de setembro celébrase a VIII edición do Festival do Paradiso, cita que terá lugar no Parque dos Condes de Monforte a partir das 12.00 da mañá. O Festival do Paradiso é unha iniciativa da Asociación Náufragos do Paradiso que conta coa colaboración do Concello de Monforte e da Deputación Provincial.

Neste ano presentan novidades, sesión vermú con Pablo Navas, xantar popular, Timba Poética con Dúas Gamberras e un Micro, mercadillo de vinilos e artesanía. Para os concertos, que son de balde continuando coa filosofía inicial, contarase con High Paw & Elephants Yard, El Tarot de Thoth, Los Pontiaks, The Lelli Kellys, Cadela Asasina e Dj Darius Weis. O Festival terá un “punto lila”, da Asociación FemForte, para atención e prevención contra a violencia machista.

Falamos con Maro Carretero da Asociación Cultural Náufragos do Paradiso.

Hai uns meses a celebración do Festival perigaba, pero presentádesvos á cita?

Este ano amenazou con non celebrarse polas suspensión das subvencións. Ao saber que se activaban de novo as subvencións, tralas eleccións, puxémonos a traballar cun tempo moi escaso, hai xente que pediu vacacións para traballar nisto, pero entre todo saiu adiante.

E son 8 anos traballando ininterrumpidamente. Para ofrecer nesta ocasión que?

Este ano fixemos unha aposta por diversificar, manter unha liña que sabemos que funciona cando nestes anos tivemos moi boa acollida en todos os concertos, que adoitan ser de bandas emerxentes a nivel galego ou a nivel nacional. Este ano decidimos diversificar ampliando horarios. Por primeira vez imos ter unha sesión vermú e xantar popular con pulpo e churrasco. Imos ter poesía, que é algo que moita xente estaba demandando. Teremos autores premiados como Amelia do Val, Irún do Pazo, e sorpresiñas como as compostelanas, Duas gamberras e un Micro, que é unha xente que está na loita feminista.

Presentación do Festival / Concello de Monforte

Cambiades de escenario. Que significa?

Por una lado, o diversificar oblíganos a ter un espazo máis amable para ter, por exemplo o encontro de poesía ou o tema do mercadillo de vinilos. Necesitabamos un espazo distinto, máis versátil. Así tamén utilizamos un espazo moi interesante e infautilizado do Parque dos Condes, como é o caso do cadrado.

É unha acitividade para todos os públicos, Ao Festival está pensado para todos os públicos ou quenes son os destinatarios?

É unha das novidades deste ano. Houbo outros anos que houbo obradoiros para público infantil. Nesta ocasión non hai nada específico para público infantil, pero está, por exemplo, na sesión vermú, Pablo Navas que está orientado ao publico familiar. Queremos que os nenos poidan gozar do parque, os maiores mirando o vinilos, algo de artesanía, etc, etc,…

En que queredes que se convirta este Festival?

Este ano fixemos un esforzo de posta en común, onde queremos chegar? Non nos marcamos límites, tal e como está o panorama. É moi curioso que as circunstancias económicas foron terribles para todo o que ten que ver cos actos culturais. Como exemplo temos  o que está pasando agora mesmo en Ourense onde se retiran axudas públicas a programacións consolidadas sen ningún tipo de aviso e son fundamentais para garantir diversidade cultural.

Queremos que o Festival teña máis presenza a nivel galego e seguir avanzando. Seguir a filosofía coa que naceu o Festival, poder achegar a esta comarca enventos, concertos de grupos que non é fácil que cheguen aquí, porque a nivel privado e institucional non interesan ou non están nas axendas. Temos constantado que existe un público para este tipo de músicas, de culturas e de eventos.

Comezar a traer grupos a nivel de España e da gran e fermosa descoñecida cultura portuguesa, que comece a haber interacción entre o norte de Portugal e Monforte

Que ten que facer Monforte e a contorna para que quedades satisfeitos?

Eu penso que bastante están facendo. Fálase moito de que é unha sociedade local que ten pouco movemento, pero á hora da verdade, cando ti te pos en movemento comezas a encontrar xente que quere formar sinerxias e aí temos, tanto empresas do eido cultural, como grupos musicais, profesionais e amantes de cultura, da fotografía, do audiovisual… Toda esta xente en canto comezou a andar o Festival foi e é unha peza fundamental de apoio. Xente á que consultamos e na que nos apoiamos, por aí temos que ser optimistas. Pero nadie che dá nada regalado e menos neste tipo de eventos que non están orientados ás grandes masas.

Se ti provocas un movemento inicial, a partir de aí vemos que despois de 8 anos hai resposta positiva do público e do sector.

Cartel Festival

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...