HomeCulturaFestivaliño On The Road na Pobra do Brollón

Festivaliño On The Road na Pobra do Brollón

Alumnos do C.E.I.P A Pobra do Brollón fan de reporteiros e críticos de cine grazas á iniciativa Festivaliño On The Road.

Publicado o

- Advertisement -

Tras percorrer 60 puntos de Galicia, este festival itinerante chega ao Concello da Pobra do Brollón. Esta proposta de distribución, exhibición e creación de cine infantil forma parte do plan O Teu Xacobeo para promover o Xacobeo 2021.

Os alumnos aprenderon a facer unha reportaxe audiovisual baseada en entrevistas, participando nos diferentes roles como o de director ou de xornalista. Ademais do obradoiro audiovisual, os pequenos visionaron unha serie de curtas na caravana-cine itinerante do festival. Entre as películas seleccionadas, están Cazatalentos (gañadora dun Goya a mellor curtametraxe de animación), e outras curtas internacionais como Ian o La Petite Condonnier.

Despois do visionado, os estudantes votaron para valorar cada curta. O resultado da votación publicarase na web do Festivaliño, así como un resumo das reportaxes audiovisuais que se crearon.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...