HomeCulturaO IES A Pinguela de Monforte no programa Rutas Científicas, Artísticas e...

O IES A Pinguela de Monforte no programa Rutas Científicas, Artísticas e Literarias

O alumnado de 2º ESO do IES A Pinguela vén de participar no programa "Rutas Científicas, Artísticas e Literarias" que convocou o Ministerio de Educación e FP.

Publicado o

- Advertisement -

Ao IES A Pinguela concedéuselle a Ruta 8: Cataluña e Comunidade Valenciana, onde coincidiron cun centro de Cuenca. O IES monfortino aproveitou para coñecer Zaragoza, Olmillos de Sasamón e Barcelona, que a pesar de estar sufrindo altercados, non afectaron á viaxe do centro e puideron visitar o Park Güell, a Sagrada Familia, o casco histórico-artístico, o Museo Olímpico e instalacións deportivas de Montjuic e a Fundación Miró.

O alumnando coñeceu a Tarragona romana, o Museo da Festa e o Delta do Ebro, ramatando a xornada cun paseo polo castelo de Peñíscola, xa na provincia de Castellón. Visitaron a empresa Matafruit na horta de Castellón e posteriormente a Casa das Artes e das Ciencias na capital da comunidade Valenciana. Tiveron a oportunidade de viaxar en barcas tradicionais e aprenderon a elaborar paella valenciana, que logo degustaron.

Co remate da Ruta Científica, Artística e Literaria Cataluña- Comunidade Valenciana, os rapaces aproveitaron o regreso para coñecer Aranjuez.

Rutas Científicas, Artísticas e Literarias IES A Pinguela / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...