HomeCulturaA Fundación Uxío Novoneyra do Courel opta ao Premio do Público Culturgal...

A Fundación Uxío Novoneyra do Courel opta ao Premio do Público Culturgal 2019

Tamén aspira ao mesmo galardón o Club Clavicémbalo de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O festival Novos Cinemas de Pontevedra, o Club Clavicémbalo de Lugo e o Eidos Fest da Fundación Uxío Novoneyra no Courel son o tres candidatos seleccionados para optar ao Premio do Público no Culturgal 2019.

Así o explicaron os organizadores da cita, que apuntaron que, desde este martes e ata o 19 de novembro, o público pode escoller entre este tres proxectos que se relacionan coa sociedade civil, fomentan a súa implicación e promoven a transversalidade e a colaboración.

Nas anteriores edicións do Culturgal, que se celebrará este ano entre o 29 de novembro e o 1 de decembro en Pontevedra, recibiron os premios do público o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o Diario Cultural da Radio Galega, o Festival de Cinema Curtocircuito, o Festival Agrogay da Ulloa, o Play-Doc e a Casa de Rosalía.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...