HomeCulturaOs Bolechas enchen a Casa da Cultura de Monforte

Os Bolechas enchen a Casa da Cultura de Monforte

A estrea do novo espectáculo dos Bolechas, 'O Amigo Monte', foi todo un éxito. Ao ser a primeira actuación da xira estiveron presentes importantes autoridades a nivel autonómico como a Conselleira de Medio Ambiente, o Conselleiro de Cultura e o Secretario de Política Lingüística.

Publicado o

- Advertisement -

O ambiente da Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte onte ás 12:00 da mañá foi espectacular, cheo absoluto para gozar coa estrea do novo espectáculo dos Bolechas: O Amigo Monte.

Os máis pequenos da casa, acompañados dos seus pais, acudiron á chamada destes populares bonecos de trapo que sempre teñen unha simpática e concienciadora historia para entreter, transmitir bos valores e poñer reivindicar o galego. Nesta ocasión, para maior trascendencia do evento, traían á cidade do Cabe un novo espectáculo sendo esta parada a estrea oficial do mesmo.

Un momento do espectáculo / XdL

Tal importancia tiña o feito da estrea que compareceron as seguintes autoridades a nivel autonómico: a Secretaria de Medio Rural, Ángeles Vázquez, o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez ou o Secretario de Política Lingüística, Valentín García. A nivel local estiveron presentes o Alcalde José Tomé, a concelleira de cultura, Marina Doutón, e a concelleira do PP a nivel local, Julia Rodríguez.

A actuación chegou a Monforte a través da Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia.

As diferentes autoridades presentes na estrea de Monforte / XdL

a historia, sinopse

Os Bolechas chegan a unha fraga para ver animais, camiñar entre o monte e poder respirar aire puro, pero o lugar está cheo de lixo e contaminación. Alí atopan un personaxe pouco amigable e moi amigo dos cartos e a tecnoloxía que semella non ter conciencia ningunha no respecto á natureza. Daquela, Os Bolechas toman cartas no asunto e coa axuda do público fanlle ver a necesidade de manter limpos os nosos montes e coidar o medio ambiente.

A historia, á par que divertida, intenta transmitir valores de concienciación sobre o respecto ao medio ambiente e a prevención de lumes forestais.

ÚLTIMAS

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...