HomeCulturaQueres ser paxe na Cabalgata de Reis de Monforte?

Queres ser paxe na Cabalgata de Reis de Monforte?

O Concello de Monforte vén de abrir o prazo de inscrición para que todos aqueles nenos e nenas que desexen participar coma paxes na Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro do 2020, poidan optar a elo.

Publicado o

- Advertisement -

Poderán ser paxes nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e de 1º da ESO. Para levar a cabo a súa inscrición poderán facelo na Delegación de Cultura do Concello de Monforte (Campo de San Antonio s/n) ou ben chamando ó 982 402 501.

A elección dos paxes, que se levará a cabo ata cubrir o que queda das 100 prazas previstas para a Cabalgata, será por orde de inscrición. Ós nenos e nenas finalmente sexan elixidos, seralles comunicada esta circunstancia uns días antes da celebración da Cabalgata de modo telefónico por parte da Delegación de Cultura.

A reunión para explicar o desenvolvemento da Cabalgata e entregar os traxes ós participantes terá lugar o venres 3 de xaneiro no Edificio Multiusos ás 18:00 h.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...