HomeCulturaBóveda abre o Nadal cun encontro de corais o día 20

Bóveda abre o Nadal cun encontro de corais o día 20

O programa de Nadal no concello de Bóveda arrinca o vindeiro venres día 20 co Encontro de Corais. Na actuación, que terá lugar ás 20.30, participarán a Coral Polifónica Municipal de Chantada e a Coral Municipal de Bóveda.

Publicado o

- Advertisement -

A partir do día 20 os actos sucederanse na localidade ata o cinco de xaneiro, que será a visita dos Reis Magos. Así, os días 23 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro haberá Ocioteca de Nadal, actividades e talleres para os nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O 28 de decembro chega a Bóveda o espectáculo infantil ‘Os libros contraatacan’ a cargo de Lucecús Teatro. A diversión segue o 4 de xaneiro ás 18:00 horas con Micromina Títeres, que presenta ‘Cinco historias para unha man’.

O día 5 de xaneiro Os Reis Magos de Oriente visitarán o Centro Sociocultural ás 17:30 horas.

Todas as actividades levaranse a cabo no Centro Sociocultural de Bóveda. O alcalde, José Manuel Arias, anima aos veciños e veciñas a participar nestas actividades pensadas “para todos os públicos” e nas que os nenos e nenas sempre teñen un protagonismo especial.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...