HomeCulturaI Escaleira poética de Sober

I Escaleira poética de Sober

O acto poético e musical, promovido pola activista cultural soberina Moncha Prieto, celebrarase este sábado ás 19:00 horas no Centro Sociocultural

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober colabora coa organización deste evento poético e musical promovido por unha veciña para conmemorar as Letras Galegas deste ano. O acto, que servirá como unha homenaxe a María Victoria Moreno, comezará coa lectura de relatos e poemas dos propios autores con acompañamento instrumental. Participan nesta lectura: Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González e Xosé Lois García. De seguido haberá unha actuación do grupo musical O Trícole.

Súmase a este acto a Escola Municipal de Teatro de Sober cos posta en escena de ‘As Literatas’, unha breve lectura escenificada a partir dun texto de Rosalía de Castro titulado ‘Las literatas’, e subtitulada ‘Carta a Eduarda’. É unha obra de 1865, orixinalmente en castelán, na que se fala da situación das mulleres escritoras de mediados do século dezanove.

As encargadas da posta en escena serán María Rodríguez Trigo e Eva Abal Tobío. A tradución e adaptación do texto de Rosalía foi feito por Eva F. Ferreira, dramaturga e directora da escola.

De seguido, Sara González interpretará un poema con danza. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, será o encargado de pechar o acto.

ÚLTIMAS

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O Obradoiro imparte a formación de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes'...

O enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Concello de Monforte anuncia que José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como ‘Cuqui Silva’,...

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...