InicioCultura"Combinar os recursos que temos preto é fundamental", Lucía Perez, cantante

“Combinar os recursos que temos preto é fundamental”, Lucía Perez, cantante

Este sábado, 21 de decembro, a cantante do Incio, Lucía Pérez, ofrecía un concerto de Nadal na igrexa do Hospital no Incio, declarada BIC no 1981.

Publicado o

- Advertisement -

O templo, unha xoia do románico, do século XII, encheuse de veciños, amigos e seguidores de Lucía para gozar con este concerto encadrado na programación cultural do concello do Incio para este Nadal. Lucía Pérez estivo acompañada pola súa banda e o seu irmán Vizcaíno. Falamos coa artista.

Como te sentiches con este concerto?

Cantar na casa é sempre moita responsabilidade, pero eu sempre digo que me considero profeta na miña terra, son unha privilexiada. A miña familia, os meus amigos e os meus veciños son os que máis me aplauden e iso non se paga con nada. A verdade que foi  moi emocionante, no marco que era, un concerto de Nadal onde cantei panxoliñas,…

Coa pedra, como soaba a voz de Lucía?

O sitio é espectacular e para as voces, para cantar préstase moitisimo. Estás tan a gusto, é tan cómoda,… E cando me escoiaba, pensaba: que marabilla. É un lugar moi especial e foi un luxazo e un regalo de Nadal marabilloso.

Concerto Lucía Pérez / Concello do Incio

Como xurdía a idea?

Comezou polo concello, quería celebrar un concerto de Nadal e baralláronse diferentes opcións. Eu fun unha das que propuxen esta igrexa e apoiáronme.

Que reflexión fas sobre este tipo de actos que pretenden valorizar cultura e patrimonio?

É unha iniciativa bárbara, poder combinar os recursos que temos nós tan preto e poder darlle outros usos, culturais, música, danza,… dándolle vida a espazos únicos como este. Por que non? Están aí e hai que utilizalos para que sigan vivos. Estas iniciativas fan que adquiran máis valor e sexan máis coñecidos. Tamén un dos obxecivos é ese, que a xente saiba o que temos aquí con nós, o noso patrimonio.

A xente que che dicía ao rematar?

A verdade é que todo eran cousas moi bonitas, si, si,… Foi moi bo, cantar na casa sempre é un aliciente, un chute de enerxía positiva que é inexplicable.

Que lle pides ao 2020?

Por suposto saúde para min e a miña familia, e moito traballo, porque o traballo logo nos dá outras cousas. Que poida seguir estando enriba do escenario moooooito tempo.

E para o teu concello e a música?

Para a música e para todo, acabar coa lacra da violencia de xénero. Ese é un dos primeiros desexos que teño de modo xeral e que o concello do Incio cada vez sexa máis coñecido. Que veña moita xente a vernos e que poidamos seguir mantendo o que ten esta terra brava. Que sexamos moi coñecidos, iso é o que temos que facer.

Concerto Lucía Pérez / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...