HomeCulturaSolidariedade de cine na Pobra do Brollón

Solidariedade de cine na Pobra do Brollón

Este domingo, 29 de decembro, a casa da cultura da Pobra do Brollón acolle a proxección da película de Oliver Laxe, O que arde.

Publicado o

- Advertisement -

Haberá dúas sesións, ás 18:00 e ás 20:00. A entrada para ver a película é solidaria: pídese un donativo dun quilo de alimentos que serán destinados a colectivos desfavorecidos do concello. Os alimentos a doar pódense entregar, con antelación, na Casa da Cultura ou no momento da proxección.

O que arde é un filme galego con repercusión internacional e cunha temática moi acaída para a nosa realidade, o do colapso do noso rural. Para nós proxectar o filme de Oliver Laxe é un compromiso coa nosa cultura, máis tamén con crear igualdade de oportunidades de acceso á cultura para os nosos veciños e veciñas,” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

Instalarase unha pantalla grande con proxector de calidade cinematográfica e sistema de audio no lugar da proxección para buscar a máxima calidade posible de imaxe e son e unha experiencia de auténtico cine.

ÚLTIMAS

Blas Rodríguez: “Inimaxinábel o traballo que teñen as probas de montaña”

Blas Rodríguez é un deportista apaixonado das carreiras de montaña e do Courel. É...

No Día de Rosalía, Celia Díaz dá unha charla ao alumnado do CEIP de Quiroga

Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas...

O comité de centros de atención primaria denuncia deficiencias graves na subministración de material

Aseguran desde o Comité que as deficiencias na subministración afectan a produtos básicos necesarios para...

Pregoeiros de cine na Feira do Viño de Quiroga

Edu Soto, é un actor, humorista e cantante español que traballou con con Andreu...