HomeCultura'Pórtico do Paraíso' chega ao Saviñao e Monforte

‘Pórtico do Paraíso’ chega ao Saviñao e Monforte

O certame de música sacra, Pórtico do Paraíso, que este ano chega á súa 13ª edición, desenvolverase entre os días 6 e 15 de marzo en diferentes enclaves arquitectónicos galegos, facendo parada por primeira vez na provincia de Lugo, concretamente en escenarios da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso celebrarase este ano, por primeira vez, tamén, na provincia de Lugo, grazas á colaboración da Deputación e a Xunta de Galicia. Os dous concertos que se celebrarán na provincia de Lugo terán lugar no Saviñao e en Monforte de Lemos, onde se vén de presentar a actividade.

O 7 de marzo escoitarase a arpa de Andrew Lawrence-King nunha das xoias do románico da Ribeira Sacra, a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño. O venres, 13 de marzo, o trío Kosmos Ensamble tocará na igrexa de Santa María da Régoa, en Monforte.

A Escolanía de Segovia actuará o día 6 de marzo no Templo da Vera Cruz, no Carballiño; José Manuel Álvarez tocará o violín na Igrexa de Santo Anxo, en Ourense, o día 8 de marzo; e Víctor Villagandos dará un concerto no Liceo de Ourense o 15 de marzo.

O Presidente da Deputación sinalou na presentación que “esta é unha gran oportunidade para continuar apoiando a internacionalización da Ribeira Sacra e un paso máis na suma de esforzos para consolidar a súa candidatura como Patrimonio da Humanidade, que esperamos que sexa unha realidade no ano 2021”.

Pola súa banda o representante da Xunta, Jacobo Sutil, director do AGADIC, destacou a traxectoria de descentralización do Festival “e a súa apertura a unha contorna natural e patrimonial de tanta riqueza como é a Ribeira Sacra lucense como un gran valor engadido a un evento que xa conta co aval do público e con recoñecementos tan destacados como o selo de calidade EFFE Label, que se concedeu a Asociación de Festivais Europeos”.

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...