HomeCulturaVerán Cultural no Incio

Verán Cultural no Incio

Durante case 3 meses vanse levar a cabo máis de 15 actividades lúdicas de balde e aptas para todos os públicos.

Publicado o

- Advertisement -

Do 28 de xuño ó 17 de setembro O Incio énchese de cultura e actividades para os seus veciños e todos aqueles que se queiran achegar porque as propostas son de balde e moi interesantes.

O programa de actividades do chamado “Verán Cultural” é do máis variado e celebraranse en diferentes localizacións do Incio. A continuación informamos de todas elas para marcar na axenda as que máis interesen:

28 de xuño ás 17:00 h. concerto musical: “O son que me arrola”. No Punto de Atención á Infancia.

30 de xuño ás 21:00 h. concerto a cargo do dueto acústico “Soul & Roll” na Praza do Concello do Incio.

6 de xullo de 11:00 a 13:00 h. “Obradoiro de debuxo e humor gráfico” a cargo do ilustrador Xosé Manuel Fernánez. Na Sala de lectuta do Concello.

8 de xullo ás 20.00 h. Teatro: “Filandón e ruada” a cargo da Asociación Cultural Abrente das Nogais. Praza do Concello.

14 de xullo ás 18:00 h. contacontos a cargo de César No: “Os contos do traxugas”. Praza do Concello.

20 de xullo ás 20:00 h. monólodo do humorista arzuán Xan Veiga, o título “Que anos Aqueles!”. Na Praza do Concello.

22 de xullo ás 21:00 h. concerto da Banda de Folk de Ribas de Sil na Praza do Concello.

28 de xullo ás 22:00 h. chocolate coas estrelas co astrónomo Borja Tosar. Esta actividade terá luga no Encoro de Vilasouto.

9 de agosto ás 17:00 h. festa da auga e xogos acuáticos na Praza do Concello.

10 de agosto ás 20:00 h. espectáculo musical de humor “Brinca vai, de aquí para acolá” a cargo de Paco Nogueiras. Será na Praza do Concello.

18 de agosto ás 20.00 h. narración oral a cargo de Cándido Pazó: “Contos, comedias e outras lerias”. Na Praza do Concello.

19 de agosto ás 16:00 h. Paco da Ferrería e ás 18:30 h. Teatro: “Falar sen cancelas”. Praza do concello.

2 de setembro: X Feira de Artesanía e Etnografía con concerto da veciña desta localidade Lucía Pérez.

15 de setembro ás 21:00 h. contacontos de César No: “Os contos da avoa. Na Praza do Concello.

17 de setembro ás17:00 h. concerto “O son que me arroupa”. No Punto de Atencióná Infancia.

Ademais, todos os mércores de xullo e de agosto en horario de 18:00 a 19:30 h terá lugar a actividade dirixida a nen@s “Xogamos en inglés”.

Este programa estival está financiado con 8.000 euros por parte da Deputación de Lugo. García Porto, Deputada de cultura do organismo provincial, destaca que, “a programación permitirá ós veciños gozar de actividades culturais orientadas a todos os públicos e de balde; ó mesmo tempo que ofrecemos unha alternativa ó turismo de sol e praia e facilitamos a conciliación da vida laboral e familiar, permitindo que os pais dispoñan de alternativas de lecer para os seus fillos durante as vacacións escolares”.

ÚLTIMAS

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...