HomeCulturaGastronomía no Camiño

Gastronomía no Camiño

A Consellería de Cultura e a APEHL organizan este programa que pon "o acento nun aspecto fundamental do patrimonio inmaterial, como é a gastronomía, na que se implican os axentes sociais e económicos, e que se estende polo territorio”.

Publicado o

- Advertisement -

Medio cento de establecementos da provincia participan nas xornadas gastronómicas en torno ao Camiño de Santiago que se desenvolverán desde o 16 de xaneiro ata o 9 de febreiro, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) e financiadas pola Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”.

Durante as vindeiras semanas, os 50 establecementos adheridos ao programa servirán tapas, racións, pratos ou menús con receitas tradicionais da gastronomía lucense moi apreciadas polos peregrinos, como bertóns recheos, caldo galego, sopa de cabaza, caldo de castañas, empanadas, polbo, lamprea, lacón con grelos ou filloas. Os restaurantes están espallados por 23 concellos da provincia, practicamente todos transitados polas rutas Xacobeas (Camiños Francés, Norte, Primitivo ou de Inverno).

Ademais, o día 8 de febreiro celebrarase en Lugo un congreso sobre a cultura gastronómica dos Camiños que contará con destacados profesionais.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...