HomeCulturaA Pobra do Brollón prepárase para a celebración do Entroido

A Pobra do Brollón prepárase para a celebración do Entroido

O Entroido é unha das datas máis esperadas no calendario de celebracións na Pobra do Brollón, co Oso de Salcedo como protagonista máis singular.

Publicado o

- Advertisement -

Aínda que moitos veciños xa están a elaborar os seus disfraces, ou ensaiando para as tradicionais funcións de teatro de Salcedo, as preparacións para o Entroido comezan de modo oficial este venres 7. Ese día pola tarde na Biblioteca municipal haberá un obradoiro infantil de comadres, compadres, caretas e disfraces. Quen queira participar deberá achegarse á Biblioteca, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, ás 5 da tarde. Á mesma hora do venres 14 repetirase o obradoiro. Son actividades gratuítas e de participación libre.

As figuras que se elaboren serán expostas o xoves 13 de compadres e o xoves 20 de comadres. Estes dous días celébrase un concurso destas figuras con modalidade individual e colectiva. As figuras colectivas colocaranse xa pola mañá nos lugares elixido polos participantes: en locais comerciais, asociacións, no colexio… As figuras da modalidade individual concentraranse diante do Concello a partir das 18:30 para a súa valoración e posterior queima. Ao remate de cada xornada haberá unha chocolatada na Casa da Cultura.

A partir do sábado 22 comezarán as celebracións máis ansiadas do Entroido, como o desfile na capitalidade da Pobra do Brollón, e xa en Salcedo, organizado pola Asociación Veciñal desta parroquia, a saída das Madamas e Danzantes e do Oso, así como as funcións de teatro popular. Toda a programación do Entroido pode consultarse na páxina web do concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...