HomeCulturaV Feira Guímara da Pobra do Brollón

V Feira Guímara da Pobra do Brollón

A celebración conmemora a revolta de mulleres e homes do lugar contra o Conde de Lemos que quería cobrarlles tributos sen ter lexitimación algunha para facelo.

Publicado o

- Advertisement -

O vindeiro día 7 de xullo celebrarase na Pobra do Brollón a V Feira Guímara. A xornada dará comezo ás 11:30 horas coa lectura do pregón a cargo do escritor Lois Diéguez. De seguido, ás 12:00, os veciños escenificarán a revolta para seguir cunha exhibición de cetrería e demostración de oficios tradicionais que este ano se centrará no ferro, actividade de explotación comercial da época moi vencellada ó Concello.

Ás 13:00 h. haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas “Alecrín” para logo celebrar o xantar popular ás 14:00 horas no campo da feira. Para poder participar no xantar, os interesados deberán retirar as tarxetas de acreditación no restaurante Avenida da localidade.

Logo de comer, ó redor das 17:30 horas, actuará o malabarista “Isla Letrisca” e a continuación os asistentes gozarán dunha xornada de oficios e xogos tradicionais.

As actividades da tarde rematan con tiro de arco ás 19:00 horas e repetición da demostración de cetrería.

Como colofón final da xornada, ás 21:00 horas, actuará o grupo “Euforium” e a partir das 23:00 h. celebrarase o fin de festa con queimada popular a cargo de “Queimán e Pousa”.

Presentación V Feira Guímara/Concello Pobra do Brollón

Un acto de lembranza desenvolto polos veciños da localidade para traer ao presente aquel capítulo da historia cando o Conde de Lemos quixo cobrar impostos a este territorio sen ter dereitos para facelo. As forzas populares de homes e mulleres do lugar opuxeron resistencia contra as súas tropas, aínda que finalmente foron derrotados polo Conde de Lemos.

A raíz deste desta revelión, os veciños da Pobra do Brollón pasaron a chamarse guímaros, é decir, rudos, valentes e desconfiados.

 

ÚLTIMAS

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...