HomeCulturaXornalismo na escola visita Monforte o día 27

Xornalismo na escola visita Monforte o día 27

A actividade da quinta edición de Xornalismo na Escola "la Caixa", a iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’, continúa a súa andaina esta semana con obradoiros en Monforte de Lemos, o xoves 27 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

Logo do obradoiro realizado o pasado día 20, o IES Río Cabe de Monforte vai volver acoller este xoves, 27 de febreiro, un novo taller de Xornalismo na Escola “la Caixa”, entre as 11:45 e as 13.25 horas, impartido por Xavier López Quiroga.

Mestre, ademais de xornalista, López Quiroga foi delegado de El Progreso na Ribeira Sacra e finalista nos Premios de Comunicación de Galicia. Ata abril desenvolveranse outras citas nos centros de ensino coa  presenza dos xornalistas, Ángel Castro Silva, Edith Filgueira Rodríguez, Manuel Guisande, María Rodiño Pérez e Olaia Tubío Rei.

Esta proposta pretende fomentar que a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación, así como estimular o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’.

ÚLTIMAS

O xeodestino Ribeira Sacra preséntase en Fitur na xornada inaugural deste 22 de xaneiro

Este 22 de xaneiro comeza unha nova edición de FITUR e será na primeira xornada...

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para...

Dous detidos en Chantada por agresión sexual a unha muller con discapacidade

Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no...

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa...