HomeCulturaEspectáculo de maxia en Pantón

Espectáculo de maxia en Pantón

O sábado 30 de xuño ás 22:30 horas na Praza do Concello de Pantón actuará o Mago Carlos.

Publicado o

- Advertisement -

A actividade lúdica, enmarcada no Ciclo de Cultura no Camiño e financiada polo AGADIC e o Concello de Pantón, está orientada para todos os públicos pero en maior medida ó adulto. Nel, os asistentes terán a oportunidade de gozar do espectáculo e de vivir un momento de interacción co ilusionista mediante o humor, vacile simpático e sabedoría popular.

Durante o tempo que dura a actuación, a maxia no escenario estará combinada con xogos e números de maxia de salón como desaparicións, escapismo, mentalismo, adiviñación e ilusións ópticas entre outros. Un ilusionismo técnico sinxelo e directo cargado de diversión e retranca.

Javier, técnico de cultura do Concello de Pantón, trasládanos que se chove esa noite non hai escusa para ir ver o espectáculo pois farase na parte cuberta exterior do edificio multiusos do Concello.

Mago Carlos/Hermanager Producións

quen é o mago carlos?

O seu nome artístico é Mago Carlos aínda que en Rubián coñéceno en confianza como “o Carlos da Belén”. É un mago que sorprende pola simpatía e o sentido do humor. É ese veciño coñecido e aprezado por todos que ten sempre un conto para sacar un sorriso e como forma de ser, a retranca. Leva máis de 10 anos facendo maxia por Galicia de forma profesional en eventos, salas de teatro e auditorios. Un traballo sinxelo pero que dende o primeiro momento conecta á perfección co público.

 

ÚLTIMAS

Comezo do ‘Marida Maio 2026’

O 'Marida Maio', evento que conta co patrocinio da Deputación de Lugo, fai posible...

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...