InicioCulturaA Pobra do Brollón aposta polo turismo

A Pobra do Brollón aposta polo turismo

Este é o segundo ano que se celebran as visitas guiadas ó Castro de San Lourenzo. Debido ó éxito acadado nas mesmas dende a organización, este ano, decidiron ampliar a súa oferta para dar a coñecer as riquezas naturais da zona

Publicado o

- Advertisement -

Entre os meses de xullo e agosto vanse celebrar os ciclos de visitas guiadas a diferentes puntos de interese da localidade.

As rutas turísticas vanse centrar na visita ó Castro de San Lourenzo no cal se está a levar a cabo a cuarta campaña de excavación. Durante a visita, ademais de poder achegarse ó traballo arqueolóxico e ás últimas novidades, os turistas farán un percorrido polo 2.000 anos de historia do lugar.

A Cova das Choias é outros dos puntos clave nesta iniciativa. É un dos elementos máis emblemáticos do Concello no que se alberga patrimonio natural e cultural. Nela pódese comtemplar o musgo “schistostega pennata”. Unha especie vexetal con filamentos que reflexa luz verde esmeralda dando a impresión dun efecto luminiscente, facéndoo unha especie rara a nivel mundial.

A terceira visita organizada é a Repil. Esta pequena localidade sita en Vascós, os visitantes poderán coñecer de primeira man a Batalla de Repil do 49. Alí foron abatidos 4 guerrilleiros pola Garda Civil. Seguidamente percorrerase a ruta de fuxida do Segura, un supervivente do conflicto.

Outra peza emblemática da Pobra do Brollón é María Castaña. Na parroquia de Cereixa farase unha visita ós sitios emblématicos desta figura ademais de visitar a Igrexa, a Casa do Ramau, a casa de Alende e o Castro de San Lourenzo.

Finalmente, a quinta ruta é Vilachá. Os alí presentes coñecerán de primeira man a historia das bodegas de viño, o Mirador da Capela e a viticultura da Ribeira Sacra. Neste percorrido, os asistentes poderán gozar dunha cata de viños e pinchos.

HORARIOS E PUNTOS DE ENCONTRO

  • Visita ó Castro de San Lourenzo: de martes a martes ás 11:00 horas. Punto de encontro. Ó pé do cartel do Castro.
  • Visita a Cova das Choias: de martes a venres ás 18:00 horas. Punto de encontro. Diante do cuartel da Garda Civil da Pobra do Brollón.
  • A fuxida do guerrilleiro, Repil: os sábados ás 11:00 horas. Punto de encontro. Repil.
  • Un paseo polos tempos de María Castaña: os sábados ás 17:00 horas. Punto de encontro. Restaurante O Fogón.
  • Os domingos de Vilachá: os domingos ás 11:00 horas. Punto de encontro. Adegas de Vilachá.

Para reservar data, os interesados deberán chamar ó teléfono 666.43.58.32

ÚLTIMAS

Convócase o concurso do cartel da XLIV Feira do Viño de Amandi con 700€ de premio

Poderá participar calquera persoa interesada con traballos en formato A3 e técnica libre. Presentaranse...

Este 5 de decembro arrinca en Sarria o “Tapicheo 23”

A primeira ruta confórmana Restaurante Camping Vila de Sarria, Mesón O Castro, Adarve e...

O Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo Iglesias no Dakar

O piloto Eduardo Iglesias volverá competir no Rally máis duro do mundo e farao...

Que pasa no centro de saúde de Chantada?

O Concello de Chantada acordaba, no pleno celebrado en setembro, que o alcalde, Manuel...