HomeCulturaIniciativas ao redor do 'Día do libro' en Sarria

Iniciativas ao redor do ‘Día do libro’ en Sarria

Dende o concello animan a mercar libros en Sarria, a aproveitar as posibilidades da rede de Bibliotecas de Galicia e, dende hai uns días, desenvolven unha acción bautizada como #QueEstásALer?

Publicado o

- Advertisement -

Como todos sabemos, o 23 de abril é un día escollido no calendario para fomentar a lectura e para lembrar a importancia da industria editorial e dos autores e autoras de todo o mundo. Nun día como hoxe morreron autores escritores como Miguel de Cervantes, Wiliam Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega, William Wordsworth ou Josep Pla e dende o ano 1995, a raíz dunha proposta da Unión Internacional de Editores, a UNESCO aprobou que se celebrara o ‘Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor’.

Dende o Concello de Sarria botaron a andar hai uns días unha interesante iniciativa bautizada como #QueEstásALer? na que convidan a enviar unha foto a través do WhatsApp -ao número 646896480- na que se poda ver o libro que se está a ler actualmente. Na páxina web e na do facebook publicaron unhas primeiras fotos para animar á partipación nas que aparece xente coñecida da vila como o propio alcalde Claudio Garrido. Con todas as instatáneas recibidas farán un vídeo-montaxe que se publicará este 23 de abril e un sorteo do cal sairá o gañador ou gañadora dun lote de libros. O prazo para enviar fotos remata ás 12:00 deste mesmo día.

Aproveitan, así mesmo, para animar á xente a mercar libros nas librerías de Sarria e, tendo a Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar pechada, recomendan entrar na rede de bibliotecas de Galicia para gozar do seu catálogo de libros e películas en formato dixital na casa mentres dure a corentena.

PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL

Radio Bolboreta, o programa radiofónico do IES Gregorio Fernández de Sarria que está entretendo con interesantes contidos culturais, musicais e de humor estes días de confinamento farán unha edición especial o día 23.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...