HomeCulturaOs concertos de terraza do Círculo Saviñao

Os concertos de terraza do Círculo Saviñao

Nos concertos da terraza do Círculo, aberta desde hai un mes, Sheila Patricia, interpretou temas do seu primeiro disco e tamén avanzou temas do seu segundo traballo, aprazado polo estado de alarma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cantautora pontevedresa, Sheila Patricia, vén de ofrecer ós socios do
Círculo Saviñao un concerto baseado no seu primeiro disco “El camino de los sueños” e na música popular galega, portuguesa e sudamericana.

Cercana, simpática, agradable e cunha magnífica voz, esta profesora de
canto estivo sempre apoiada polo público e soubo engaiolar coas súas
cancións a veciños e visitantes.

Os próximos concertos da terraza do Círculo Saviñao correrán por conta de David Prado que actuará ás 20.00 horas do 1 de agosto e do dúo formado por Sara Méndez Arias e Ana Fernández Galloso que actuarán o día 8 ás 20.00.

Sheila Patricia / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...