IniciosociedadeActividades culturais para despedir o verán en Sober

Actividades culturais para despedir o verán en Sober

O concello presenta unha axenda cultural para as vindeiras semanas con actividades para todos os públicos e a música como protagonista. Carlos Núñez ofrece un concerto nos xardíns do Hotel Pazo de Sober o vindeiro día 22.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación que vén de deseñar o equipo de traballo da área de cultura do Concello de Sober inclúe actividades para todos os públicos que se desenvolverán en diferentes espazos da vila. O desenvolvemento das mesmas farase cumprindo coas normas e esixencias que impoñen as autoridades sanitarias mantendo as distancias de seguridade en todo caso e sendo obrigatorio o uso da máscara.

PROGRAMACIÓN

21 de agosto

Actuación de Xoán Curiel no recinto das piscinas municipais ás 19:00 h. Curiel presentará o seu espectáculo “Como montar a túa banda de verán”, un conto-concerto pensado para o público familiar.

22 de agosto

Ás 20:00 horas Carlos Núñez ofrece un concerto nos xardíns do Hotel Pazo de Sober no marco da súa xira ‘Lugares Máxicos’. As entradas puxéronse á venda en entradas.ataquilla.com. Será o único concerto da xira que o músico vai ofrecer na provincia de Lugo.

23 de agosto

Ás 20:00 horas a Banda de Música de Sober ofrecerá o “Concerto para unha nova era no marco exterior incomparable dos Chancís.

28  de agosto

A Banda de Música de Sober ofrecerá ás 22:00 h. o concerto á luz da lúa na Praza do Toural.

Banda de Música de Sober / Cedida

5 de setembro

A Praza do Pulpo acollerá o espectáculo da formación Carta de Ajuste: “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”. Humor e música maridarán en Sober para pasar unha tarde-noite entretida e disparatada con versións diferentes de temas que todos/as coñecemos daquelas décadas. Será ás 20:00 h.

FESTAS DO CARME

O día 19 de setembro a Charanga Ardores dará un concerto-vermú ás 12:30 horas e ás 13:30 horas na Praza do Concello.

O mesmo día ás 19:00 horas na Praza do Toural Pequeno Cabaret Infantil protagonizará un espectáculo de rúa con Nelson Quinteiro.

O día 20 de setembro a Banda de Música de Sober fará un pasarrúas, procesión e concerto coincidindo coa celebración da Virxe do Carme.

Ás 12:30 horas do mesmo día Os Monifates ofrecerán un espectáculo de rúa de música tradicional na Praza do Concello.

E ás 19:00 horas haberá un espectáculo de maxia, “Don Gelati“, a cargo de Dani García na Praza do Toural.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...