HomeCulturaSober vólcase cos máis novos no verán

Sober vólcase cos máis novos no verán

Tras o éxito da festa acuática este xoves haberá un espectáculo de contos cunha avoa moi particular, a Señora Filipa.

Publicado o

- Advertisement -

Exitosa xornada a do martes 17 de xullo no recinto das piscinas municipais onde os numerosos asistentes puideron gozar dunha xornada de inchables. E para seguir co lecer e as actividades, o xoves 19 o concello volverá acoller outra sesión adicada ós cativos.

Desta volta o espectáculo programado é “Mar adiante! Filipa cos contos“ que tamén se celebrará no recinto das piscinas municipais a partir das 18:00 horas. Unha posta en escea baseada na figura da escritora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno, e a súa obra narrativa Mar adiante.

E para completar o espectáculo, historias e contos do repertorio tradicional e popular. Contos “filipantes”, “contos cantados” acompañados da guitarra e xogos co público. Fran Campos e a señora Filipa, e cada un ao seu xeito, farán posible unha sesión de contos dirixida a un público familiar e participativo; tanto cativos como maiores poderán gozar, aprender e reflexionar dende as súas distintas visións dos contos populares.
O espectáculo que trae a Sober Hermanager Producións está enmarcado dentro do Ciclo Cultura no Camiño que promove o Agadic en colaboración cos concellos.
Cartel do espectáculo de Fran Campos/Concello de Sober

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...